Inicio

Sementar, sementarei..

Algo debemos estar a facer ben cando o sindicato da empresa nos adica unha folla monográfica.

http://www.sit-fsi.es/330-sembrar-los-campos-con-sal

trabajadores maltratados

Todos e todas somos testemuñas vivas de aonde nos leva o seu tipo de sindicalismo.

Sementar sementarei,

loguiño de crarear,

en tanto no povo medre un meniño,

un vello e un cantar.

Un meniño rebuldeiro que fale na lingoa nai que suba nos pexegueiros a fruta verde a roubar. Un vello que de consellos un rostro de fume e pan que conte contos ós nenos do cuco e do paspallás. Un cantar de redención que toque a desolación nun limpo e craro alborear. Logo, deixáime morrer, entre dous regos, queimado, cando veñan os solpores dos homes esfamiados.

 

Sentencia do TSXG sobre o ere-erte de PSA

Hoxe saiu publicada a resolución do TSXG sobre a demanda da CUT do ere-erte 16-18 asinado pola empresa PSA e os sindicatos Sit-Fsi, Ugt, Ccoo.

Non é o resultado desexado, pero..

Orgullosos do traballo feito, e do que esta por vir!!

A volta das vacacións analizaremos a sentenza máis polo miudo.

 

A +Calor= + esforzo, - sensibilidade da empresa

 

termometro

Ó Servizo de Prevención e Saúde Laboral:                                            

Como dicía a canción “e chega outro ano e pasa tamén”. No día de onte a pesar das altas temperaturas algunhas das zoas da fabrica non recibiron auga.

Non é a primeira vez que nos vemos na obriga de denunciar o incumprimento do chamado “protocolo de actuación en época calorosa”. Sen dubida, como xa ten acontecido noutras ocasións, dende ese Servizo de Prevención se nos porá como escusa que a temperatura alcanzada no interior das naves era inferior a 30º. A ese respecto dicir, que como vostedes saberán, a sensación térmica ten unha compoñente persoal, que non podemos obviar.

Pero mais aló de enfrascarnos nunha pelexa sen sentido sobre se é certo ou non, o que si esta claro que repartir auga @s traballadoras/es, non cremos que condicione a competitividade nin o futuro da planta. Unha botella de auga pequena, podémola atopar calquera de nos nun supermercado por menos de 20 céntimos de euro, prezo sen dubida superior o que ten pagar PSA por dito produto.

Como xa temos denunciado dende a parte social, o protocolo establecido non é suficiente para paliar os incomodidades que sofren @s traballadoras/es a causa das altas temperaturas. Dito protocolo xa ten uns anos, e tanto as condicións climatolóxicas externas (cambio climatico), coma os ritmos de traballo mudaron dende aquela. E por elo que na CUT, cremos que o Comité de Seguridade e Saúde debería modificar e ampliar dito protocolo, de cara a mellorar o mesmo.

Solicitamos, Ó Servizo de Prevención e Saúde Laboral,

Seguir lendo

Máis artigos

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
    • Enderezo: Avda Citroën 3-5
        36210, Vigo
    • Telf: +34 695151208 - Vitor
    • Local Psa: +34 986215570 - Fax +34 986215570
    • Mobil: +34 695151270 - Interno-7421270

    KEEP IN TOUCH